ERMIDA DE SAN CRISTOVO

Relixioso
1041
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Brión (Santa María)

Lugar: San Cristovo

15591  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 06.0" N - 8º 17' 51.9" W

Descrición

Ermida de fins do XIX. Cuberta a dúas augas que se transforma na fachada principal nun frontón co vértice truncado sobre o cal se sitúa unha pequenísima espadaña dun solo van. Porta alintelada, nos esquinais pseudopilastras sobre as que se sitúa un capitel simple. Nas fachadas laterais, cachotería de granito, e perpiaño na fachada principal. Posúe unha única nave. Destacado cruceiro no adro. Rodeada dun ámbito natural boscoso. Hai varias lendas referidas a San Cristovo unha delas é: ante tanto silencio e soidade, o santo abúrrese e ten ganas de conversación. Así que, algunhas noites estreladas e co mar en absoluta calma, sae con sixilo da ermida e baixa devagar ata a pequena praia. Alí, hai unha rocha, a única que nunca move o mar, sérvelle como lancha de pedra. Nela o Santo marcha, sempre coa imaxe do "Neno", á costa, atravesa a ría ata a praia de Chanteiro para facer unha visita a Nosa Señora da Merced, que sae a esperalo diante da súa igrexa. Despois de renderlle culto á Virxe, o Santo regresa pronto ao seu altar. Outra das lendas relacionadas co Santo conta que unha serpe enorme, con melena larga, aparecíase ao lado da ermida de San Cristovo, para protexer a imaxe do santo. Introducíase dentro da fonte enroscándose ata que desaparecía polas aberturas das pedras do fondo. Subía ao alto do monte cando estaba triste, desaparecendo durante días ou ás murallas do castelo de San Cristobo (hoxe desaparecido); ao sol, cantaba e asubiaba. Tomaba baños no mar. Todos fuxían ao vela, pero nunca fixo mal a ninguén.

Acceso

Dende Ferrol, bordear A Malata, chegar A Graña, onde despois de pasar o Castelo de San Felipe vemos un indicador que pon "San Cristóbal" e a uns 3 Km está a ermida.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba