CAPELA DE SAN XOÁN DE ESMELLE

Relixioso
1032
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Esmelle (San Xoán)

Lugar: Esmelle

15594  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 31' 13.9" N - 8º 16' 13.9" W

Descrición

Pequena capela de tipoloxía rural, de fins do XVIII-XIX, sen estilo definido. Sometida a unha recente restauración por parte do bispado. Planta de cruz latina, con única nave no seu interior. Os muros mostran panos completos de cadeirado. A porta de entrada, alintelada, dispón dun pequeno rosetón enriba. Posúe un adro e atópase ao lado dun camposanto.

Acceso

Dende Ferrol, pola estrada de Covas-Esmelle, despois de pasar a fábrica "Simapa" tomar a desviación cara á esquerda que conduce á capela.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba