CAPELA DA ORDE TERCEIRA

Relixioso
887
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ferrol

Rúa San Francisco s/n

15401  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 50.9" N - 8º 14' 25.9" W

Descrición

Capela de estilo neoclásico. A xunta da Venerable Orde Terceira de San Francisco decidiu levantar para o seu propio uso un pequeno recinto relixioso pegado ao muro Norte da igrexa conventual formando conxunto con ela. O arquitecto foi Pedro Lizardi, rematando as obras en 1766. Planta rectangular a única nave da cal esta delimitada por muros lisos. Tripla compartimentación e diferente morfoloxía das bóvedas (canón e vaídas), as cales se montan sobre arcos que arrancan de pequenas ménsulas pegadas á parede. Fachada principal en cadeirado, algo pouco común en Ferrol. Esta dividida en tres rúas, as laterais lisas e a rúa central aloxa a porta de acceso e o óculo ovalado. Posúe unha estruturación superposta de pilastras, dóricas, con frontón triangular, as do corpo inferior, que enmarcan o acceso, e xónicas, con frontón curvo, as do superior. Toda a fronte cunha cornixa de suave voada, floreiros nas esquinas e espadaña central dun só van semicircular.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba