CAPELA DA UNIVERSIDADE

Relixioso
973
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ferrol

Rúa: Campus Univers. de Esteiro

15403  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 54.0" N - 8º 13' 22.9" W

Descrición

Situada no actual campus universitario de Esteiro. Antigamente era a capela do Hospital de San Carlos de Marina (mediados do XX). Nave principal, cuberta a dúas augas. Fortes reminiscencias neoclásicas e barrocas na súa fachada principal. A porta de entrada ten forma de arco de medio punto na cal leva unha clave que sobresae. Está enmarcada por dúas columnas de fuste liso sobre podium, capitel simple sen ningún tipo de decoración. Sobre todo o conxunto, un cornixamento liso bastante desenvolvido. En orde ascendente vemos un frontón triangular partido con dous pináculos. Frontón interrompido por unha cruz de Malta situada diante dun van circular enmarcada por ornamentación pétrea xeométrica. Aos lados sitúanse pilastras lisas rematadas cunha cornixa voada. Fachadas laterais simples con vans abucinados de arco de medio punto separados por pilastras lisas.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba