CASA MUÍÑO DA GRAÑA

Civil
751
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Graña (Santa Rosa de Viterbo)

Lugar: A Graña

15590  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 44.9" N - 8º 15' 48.9" W

Descrición

Casa da segunda metade do século XVIII, con estilo barroco de tipoloxía rural, aínda que de gran prestancia. Nas súas orixes foi un muíño. Planta en forma de "L" irregular. Os muros e esquinais de cachotería contrastan cos marcos dos vans de cantería á vista. Nunha das fachadas laterais atópase un escudo de armas da cidade de Ferrol. Cornixa moldurada e cuberta de tella do país. Destacada a portada de cantería no patio interior, que daba acceso ao antigo muíño e que está rematada por un frontón semicircular.

Acceso

Desde Ferrol, bordeando A Malata, despois de pasar unha gasolineira, hai un indicador cara á Graña.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba