CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CASTELO DA CONCEPCIÓN E CASTRO SARRIDAL

Museos e coleccións
1161

Localización

Lugar Porto de Cedeira

15350  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 38.5" N - 8º 03' 21.6" W

Descrición

O contido da exposición, fai referencia á situación de guerra que se vivía na época e á historia do propio castelo. Contén pezas como réplicas de armas, maquetas de barcos da época que navegaban por estas costas, réplicas de traxes de soldados, maquetas do castelo, utensilios de navegación e pezas orixinais como bolas de canón, pólvora e outros utensilios de canóns. Unha parte do centro de interpretación está tamén adicada ó Castro do Sarridal, mostrándose algunhas das pezas que se atoparon desde que comezaran as escavacións no ano 2017. A intención é ampliar devandita exposición co resto dos elementos atopados.
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba