CABO FISTERRA

Áreas de recreo e miradoiros
1023
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Fisterra (Santa María)

Lugar: Fisterra

15155  Fisterra - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 03.5" N - 9º 16' 13.6" W

Descrición

A beleza da contorna, mestura de terra virxe e paisaxe idílica, goza de recoñecemento internacional pola riqueza da súa flora e fauna. A costa occidental atópase incluída no espazo protexido LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) Costa da Morte, pertencente á Rede Natura 2000.
Engádese tamén na Rede Galega e Espazos Protexidos e ten a catalogación como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. Destaca a presenza dunha importante comunidade de aves e entrea a vexetación teñen importancia as prantas que medran nos cantís e nas dunas.
Construído en 1853, a 138 metros sobre o mar, protexe unha das costas máis perigosas. 
É o faro máis occidental e emblemático de Europa, considerado tradicionalmente como o cabo da fin do mundo, "Finis Terrae".
Este punto avanza sobre o mar uns 5 quilómetros en dirección sur, en paralelo ao granítico Monte Pindo formando a protexida e fermosa ría de Corcubión.
Durante miles de anos pensouse que cada noite o sol apagábase nas súas augas, e máis alá del só existía unha rexión de tebras e monstros.

Acceso

Estrada ao faro, a 3 kms do núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía

Tamén che pode interesar

Arriba
Axúdanos a mellorar!