PENA FURADA

Áreas de recreo e miradoiros
1856

Localización

Parroquia: Loiba (San Xulián)

15339  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 44' 10.7" N - 7º 46' 18.0" W

Descrición

Punto de parada obrigada da ruta de sendeirismo que percorre a costa da localidade. Situado sobre a praia de Sarridal ofrece panorámicas únicas do litoral das parroquias de Céltigos e de Loiba. 
Ubicado sobre un saínte da costa, permite contemplar a Pena Furada, unha impresionante rocha perforada polo mar que se acha fronte ao areal de Ribeira Grande ou Sarridal. Ademais tamén ofrece unha impresionante estampa dos cantís de Loiba coa zigzaguéante baixada a Ribeira do Carro e Os Castros en primeiro plano.
Ao longo deste litoral, pertencente ao territorio do Xeoparque Cabo Ortegal, son habituais os arcos rochosos en lousas e cuarcitas, que alternan cun gran número de illotes e praias, de area ou de cantos.
Este miradoiro é unha das paradas obrigadas da ruta de sendeirismo do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico.
Arriba