LAR DE AROUSA I

Vivenda Turística
1794
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Catoira (San Miguel)

Lugar: Casal de Mogos 54

36612  Catoira - Pontevedra

Coordenadas:
42º 39' 35.4" N - 8º 42' 58.7" W
+34 647 653 507
+34647653507

Contacto para reservas

Descrición

As Vivendas Turísticas Lar de Arousa están situadas na Rías Baixas, ao comezo da Ría de Arousa. Nun verde e tranquilo val con pequenos pobos a beiras do río Ulla. É a situación ideal para desconectar e gozar dunha paisaxe que transmite paz e tranquilidade.

Foron restauradas respectando os materiais e estética propios da zona. Decoradas con encanto, con mobiliario rústico, pero sen descoidar o detalle e o confort, cun toque moderno que fai que a estancia sexa o máis agradable e cómoda posible.

A situación das vivendas permite viaxar comodamente de norte a sur da comunidade, debido a que están moi preto da ligazón ás principais vías que comunican a costa galega. A tan só media hora de Santiago de Compostela e Pontevedra, así como das mellores praias e parques naturais. Pertencente ao concello de Catoira, nunha zona retirada e moi ben comunicada, a apenas un quilómetro do centro do pobo con todos servizos. Están distribuídas en parcelas separadas e independentes con bonitos xardíns e amplos patios. Con de zoa de barbacoa e aparcamento interior.

Con capacidade para seis persoas cada unha delas, pero con zonas de estar e de lecer diferentes.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba