CASA DO GHABINO

Vivendas Turísticas
958
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Xallas de Castriz (San Pedro)

Lugar: Vento s/n

15848  Santa Comba - A Coruña

Coordenadas:
43º 04' 32.3" N - 8º 46' 44.4" W

Descrición

 A nosa localización permite que teñas todo un mundo a un paso. A casa está no medio do  triángulo formado pola cidades de Santiago, A Coruña e do territorio que engloba toda a beleza da Costa da Morte (Fisterra, Muxía,  Ézaro,Muros,Carnota...). A casa está nun lugar tranquilo onde gozarás da  tranquilidade  e da paz da natureza. Estamos unha zona rural e agrícola, experimentarás o modo de vida da xente que vive no rural galego.

A casa conta con hórreo típico galego, un alpendre rústico, xardín traseiro de 900 m², soportal traseiro con grellada e mesas. Na zona do hórreo temos máis de 2  hectáreas de terreo para pasear, desconectar e estar en contacto coa natureza.
Randeeiras para os máis peques e pequeno campo de fútbol e set de  voleibol para os deportistas.

Ten 3 habitacións con camas de matrimonio de 150cm de 17 m² cada unha e 1 habitación (12,5m²) con 1 cama (diván)  de 1,30 cm.
1 salón-comedor/ lareira con cheminea para gozar do lume no inverno, ampla cociña totalmente equipada incluída estufa de leña, 2 baños  (un deles apto para discapacitados), televisión en salón e comedor. No comedor/ lareira de 27 m² cama supletoria de 1,05cm


Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!