IGREXA DE SAN SALVADOR DE SABUCEDO

Relixioso
975

Localización

Parroquia: Sabucedo (San Salvador)

Lugar: As Quintas

32641  Porqueira - Ourense

Coordenadas:
42º 01' 31.9" N - 7º 48' 55.0" W

Descrición

Igrexa dun barroco austero onde o máis destacado é un conxunto de retablos e esculturas significativas. O retablo maior, con imaxes do Salvador, Virxe do Carmen, San Xoán, San Xosé, Sagrario con Santa Cena na porta e as tres virtudes teologales. As tallas son dunha gran finura e a concepción do retablo está xa dentro dun gusto rococó. O autor do retablo é o escultor Frei Pedro Pascual García, mercedario que dende o convento de Verín recibiu encargos de diferentes freguesías do ámbito.
Os retablos laterais foron realizados en 1724 polo escultor Xosé Seguín, artesán de Rairiz de Veiga.
Arriba