PORTO DEPORTIVO DE CANGAS (RCN RODEIRA)

Instalacións náuticas
1498
Calidade Turística

Localización

Rúa: Porto Deportivo s/n

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 01.0" N - 8º 47' 31.9" W
+34 986 304 246
+34 647 641 238
+34 986 304 246

Navegación

Unha vez en terra: A península do Morrazo ofrécenos unha perspectiva diferente da ría de Vigo.
O porto de Cangas concentra unha grande actividade e anímase co continuo tráfico de transbordadores con Vigo, especialmente no verán. Dentro do casco urbano é recomendable observar a arquitectura tradicional reflectida nas súas casas con patín e a visita á Excolexiata. Unha obra singular é tamén a antiga estación meteorolóxica coñecida coma O Reloxo.
Historicamente, Cangas foi un cobizado porto como amosa o feito de ter sido devastada e reconstruída numerosas veces tralos saqueos de piratas, normandos e berberiscos. A literatura popular garda a lembranza das mulleres enlouquecidas ao perecer tódolos homes no ataque dos turcos en 1617 e acusadas de meigas pola Inquisición.
Nos arredores, atopamos excelentes areais como a praia de Barra, ao dobrar a espectacular Costa da Vela, situada no estreito do cabo Home e fronte ás illas Cíes. Tamén poderíamos achegarnos ao cruceiro barroco do Hío, o máis famoso e fermoso de Galicia.
Aproximación de noite: Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento:
Vindo do S navegaremos á procura da luz do faro das illas Cíes (GpD(2)B 8s 187m 22M) e a do cabo Silleiro (GpD(2+1)B 15s 82m 24M). Cando teñamos esta última por estribor navegaremos ata pasar entre a baliza do illote Boeiro (GpD(2)R 8s 23m 5M) e o punto cardinal W (GpCt(9)B 15s 5M) dos illotes das Serralleiras. Situados, navegaremos seguindo a enfilación 069º do cabo Estai (ant IsoB 2s 18m 18M e post a 660 m da ant OcB 4 50m 18M) ata estar na oposición da luz de punta Lameda (GpD(2)V 8s 29m 5M) e cabo Vicos (GpD(3)R 9s 94m 10M). Situados, navegaremos ao 040º á procura da luz do baixo Tofiño (GpD(4)V 14s 11m 5M) e a da pedra Borneira (GpD(2)R 7s 13m 7M). Deixando por babor a do baixo Salgueirón (GpD(2+1)R 15s 5M xa teremos polo costado de babor as luces dos espigóns do porto de Cangas (DR 5s 10m 5M, GpD(2+1)R 15s 2m 1M e DV 4s 1M).
Aproximación de día: O porto deportivo de Cangas encóntrase na costa N da ría de Vigo, entre o cabo Balea e punta Rodeira. Para arribar ao porto entraremos na ría pola canle S, a principal, seguindo o rumbo marcado pola enfilación de cabo Estai (069º), e despois de ter superado a oposición punta Lameda – cabo Vicos (na illa de San Martiño) poremos rumbo ao 041º que nos marca a enfilación da torre-baliza Borneira (ao S do cabo Balea) coa torre da praia Rodeira e o monte-faro Domaio; seguiremos este rumbo ata deixar a baliza vermella de pedra Borneira por babor, momento no que xa teremos o espigón do porto pesqueiro de Cangas á vista. En canto dobremos o espigón de abrigo exterior atoparémonos co peirao pesqueiro cara a babor e o deportivo ao N do espigón interior.

Características

Pórtico elevador (tn): 64
Máxima eslora recomendada (m): 20
Nº de amarres transeuntes: 24
Nº de amarres fixos: 269
Calado bocana (m): 5
Anchura bocana (m): 125
Calado dársena (m): 3
Grúa (tn): 8

Cartas náuticas

SHOM: 7595
I.H.M.: 416,416B,9242,4165
Admiralty: 2548,1757

Servizos das instalacións

Aparcadoiro
Auga en amarre
Bar-Restaurante
Club de vela
Combustible Sen Chumbo
Duchas e WC
Iluminación nocturna
Lavandería
Luz en amarre
Mecánico motor e electricista
Radio (VHF 9)
Rampla de varado
Recollida de lixo
Servicio Marpol
Teléfono público
Tratamentos no casco
Vixilancia
Xeo
Zona Wifi
Actividades e deportes Instalacións náuticas Instal. náutico deportivas.Marítima
Arriba