IGREXA DE SAN XULIÁN DE NARÓN

Relixioso
1311
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xiao de Narón (San Xiao)

Lugar: A Igrexa

Estrada de San Xulián 15

15570  Narón - A Coruña

Coordenadas:
43º 31' 48.0" N - 8º 09' 59.9" W

Descrición

Igrexa de tipoloxía rural, sen estilo definido. Planta rectangular. Única nave. Interiormente os espazos correspondentes á nave e o presbiterio están delimitados por un arco triunfal apuntado. Aos pés da nave hai un coro alto. A fachada principal concentra toda a decoración. Porta de entrada rectangular, sobre ela un oco semicircular. Rompendo a cornixa destaca un corpo rectangular que sostén unha espadaña dobre rematada en frontón triangular. Muros de carga de cachotería, recebados e pintados, agás esquinas e ocos. Cuberta a dúas augas.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba