COLECCIÓN VISITABLE FERNANDO BLANCO DE LEMA

Museos e coleccións
1229
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cee (Santa María)

Lugar: Cee

Praza da Constitución 25

15270  Cee - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 18.1" N - 9º 11' 11.9" W

Descrición

Situado na que foi a “Escola de Nenas” de Cee, construída sobre o soar da casa natal de Fernando Blanco de Lema, este museo é un exemplo do labor de grandes filántropos que volveron de América a finais do século XIX, coa intención de potenciar a cultura nas súas vilas de orixe. É unha visita imprescindible para entender a historia de Cee. Posúe unha das coleccións de material científico máis importantes de Galicia, onde se poden ver dende asombrosos aparatos dos antigos gabinetes de Física, Química e Historia Natural, ata os magníficos lenzos que Federico Madrazo pintou para gabar a figura de Fernando Blanco e dos seus testamenteiros. Recóllense tamén numerosas pezas que forman parte do pasado da vila e dos habitantes de Cee e da súa comarca.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/blanco-de-lema
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba