Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: EIRADO DA LEÑA&body=Recoméndoche que leas a información EIRADO DA LEÑA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/34537/eirado-da-lena?ctre=142%26langId=gl_ES%26tp=24
Praza da Leña 3
36002 Pontevedra - Pontevedra
Contacto para reservas
Situado na pintoresca Praza da Leña, dende onde antigamente distribuíase a madeira que servía para alimentar cociñas e chemineas, O Eirado converteuse por méritos propios nos seus vinte anos de traxectoria nunha destacada referencia da oferta gastronómica da cidade de Pontevedra e de Galicia.
A media mañá, ao abrir a porta desta tradicional casa de pedra percíbese o cheiro do pan recentemente enfornado, a primeira preparación que se afronta diariamente na cociña. A masa, para a que se empregan distintas fariñas galegas, fermenta durante 48 horas, e é o propio chef Iñaki Bretal quen a traballa.
Este cociñeiro lidera un equipo ao que outorga confianza e ao que recoñece como o corazón que impulsa este proxecto, con Raquel Fernández como catadora. Sen tradición culinaria na familia, lembra que xa de neno admiraba a boa e imaxinativa cociñeira que era a súa nai e a dureza do día a día de quen sae a faenar, xa que o seu pai foi mariñeiro. Criado entre o País Vasco e Galicia, son os recursos marítimos galegos os que o inspiran e dos que se nutre ao redor do 80 por cento da súa proposta gastronómica.
Durante a semana, Bretal acode varias veces á lonxa de Santa Uxía de Ribeira, situada no principal porto de baixura español, a elixir o peixe e o marisco co que traballará. Considera fundamental este contacto directo para conseguir un produto que enxalza nas súas receitas, fuxindo de acompañamentos que o enmascaren, que se poden degustar nos menús Curricán e Palangre. Defensor da riqueza incomparable que ofrece o territorio galego a cociñeiros e consumidores, este cociñeiro estraña non poder ter unha horta anexa ao restaurante, aínda que o mercado de abastos veciño e algúns cultivos do seu pai axudan a suplir esta carencia.
A cambio, a súa céntrica localización propicia a chegada dunha clientela moi variada, enriquecida nos últimos anos polos peregrinos que fan o Camiño Portugués, que aproveitan a súa escala en Pontevedra para degustar, grazas a O Eirado, a alta gastronomía galega que, como apunta Bretal, vive actualmente un merecido recoñecemento.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.