Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: EIRADO DA LEÑA&body=Recoméndoche que leas a información EIRADO DA LEÑA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/34537/eirado-da-lena?langId=gl_ES%26ctre=142%26tp=24
Praza da Leña 3
36002 Pontevedra - Pontevedra
Esta é miña cociña
A cociña de Iñaki reivindica a sinxeleza e o produto fresco de orixe galega. Non ten ningunha dúbida, a súa máxima é primeiro produto, segundo produto e terceiro produto. Respectuoso coa contorna, vaise adaptando ao que as diferentes estacións do ano van ofrecendo. O seu é unha procura de novas materias primas de excelente calidade á que trata cun agarimo especial para que, como di Iñaki, a súa cociña teña “fundamentalmente sabor”.
De cerca
Iñaki descubriu a súa vocación aos dezasete anos, durante unhas vacacións nas que tivo que preparar a comida para a súa familia. De caste mariñeira, e talvez destinado a este oficio, ten sempre moi presente os produtos que veñen do mar.Após o seu paso polo Centro Superior de Hostalaría de Santiago de Compostela, primeiro como alumno e despois como profesor, comezou a súa carreira como confeiteiro en hoteis. Hoxe, O Eirado é unha referencia na cidade de Pontevedra
O menú e algo máis
Na cociña do Eirado tírase para casa, para Galicia, sobre todo produtos do mar que poñen en valor as rías galegas. Alén dos pratos da carta, ofrécense dous menús: o menú longo “Trasmallo”, con trece pases diferentes, e, para os menos famentos, un máis curto “Curricán” con nove pases. E a variada carta de viños, con máis de 300 referencias, centrada nos viños galegos pero sen esquecer viños foráneos de gran calidad
Bo Ambiente
O Eirado é un restaurante urbano, nunha das prazas máis belas do centro histórico de Pontevedra: a Praza da Leña, que tantas veces saíu retratada nos folletos turísticos como unha das iconas da cidade. Un espazo moi acolledor no que a pedra de granito e a madeira son os protagonistas. Mais hai que andar lixeiro á hora de reservar, a capacidade do restaurante limítase a 20 comensais e a un pequeno reservado para oito persoas.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.