mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: A MARISQUEIRA&body=Recoméndoche que leas a información A MARISQUEIRA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/36398/a-marisqueira?ctre=129%26langId=gl_ES%26tp=22
Parroquia: San Pedro de Nós (San Pedro)
Rúa: A MARISQUEIRA 51
15176 Oleiros - A Coruña
Somos un hotel de dúas estrelas, independente e familiar, dirixido polos propietarios que ofrecen un excelente servizo e trato personalizado. Contamos con 18 habitacións das cales 12 son dobres, 5 son individuais e 1 habitación familiar adaptada para persoas con mobilidade reducida. Decoración rústica típica da zona e equipada con todo tipo de comodidades para que te sintas como en casa.
Estamos situados a só 7 quilómetros do centro da cidade da Coruña e a só 3 quilómetros do aeroporto de Alvedro. Excelentemente comunicado con praias, museos, hospitais e universidade; Temos unha parada de autobús conectada ao centro da cidade cunha frecuencia de 30 minutos.
Tamén contamos con amplos aparcamentos gratuítos, prazas para autobuses ou furgonetas, así como salóns sociais, restaurante e cafetería.
Camas: colchóns de calidade para garantir o máximo descanso.
Ducha: temperatura axustable e presión correcta.
Almorzo continental.
Grao de Accesibilidade: Practicable
Restaurante
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.