A FONTIÑA

Pensións - 2 Estrelas
1015
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Adina (Santa María)

Rúa: Lugar Montalvo 68, A

36979  Sanxenxo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 24' 06.4" N - 8º 51' 01.8" W
+34 986 720 454
+34 636 503 856
+34 986 720 454

Descrición

O feito de levar abertos desde 1994, cando empezamos como un bar de praia, permitiunos darnos a coñecer aos visitantes da zona e xunto coas obras de ampliación e reformas, a relación calidade/prezo, o "boca a boca" e as "opinións" na internet (levando varios anos cunha valoración de “9” sobre 10 en Booking), permitiunos afianzarnos no sector turístico da zona.
Aos nosos clientes tras 25 anos de servizo, gústalles o noso hostal, polo trato familiar e próximo do noso equipo.
Nas nosas habitacións atoparás o necesario para facer a túa estancia o máis confortable posible. En total dispoñemos de 16; 3 na planta baixa, 10 na primeira e outras 3 na segunda ou ático.
Facemos a limpeza da habitación e o cambio de toallas a diario. Cada 3 ou 4 días (dependendo das noites de estancia) facemos o cambio de sabanas.
Contamos cun restaurante á carta no que poderás gozar da cociña tradicional galega, (tamén preparamos comidas para levar) e un bar-terraza, onde poderás gozar das nosas tapas variadas, bocadillos ou dunha refrescante bebida mentres te conectas á nosa rede Wifi gratuíta.
Aínda que o establecemento non ten ascensor, está adaptado para persoas con mobilidade reducida, dispón de rampla de acceso, aseo público, 1 habitación adaptada e 2 prazas de aparcamento próximas á entrada.
O aparcadoiro é de uso privado e gratuíto para os nosos clientes (non se reservan prazas).
Estamos a tan só 300 metros da bonita praia de Montalvo (no concello de Sanxenxo), nunha zona turística pero ao mesmo tempo tranquila.
Camiñando desde o noso hostal poderás facer roteiros de sendeirismo próximas, por exemplo; O Roteiro do Padre Sarmiento, dado que nos atopamos dentro do seu percorrido (podes velo e baixarche a aplicación en; www.osalnes.com), irás bordeando a costa e gozando das súas preciosas vistas e paisaxes.
Se queres saber máis de nós, non o dubides, ven a visitarnos, esperámosche.


Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Tipos de servizos

Admite cans
Admite tarxetas de crédito
Aire acondicionado
Aluguer de bicicletas
Aparcadoiro de superficie
Bar cafetaría
Calefacción central
Calefacción individual
Cuartos familiares
Internet / wifi en zonas comúns
Internet nos cuartos / wifi
Secador de cabelo nos cuartos
Televisión nos cuartos

Accesibilidade

Grao de Accesibilidade: Practicable

Documentos de accesibilidade:
Data construción: 2002
Data remodelación: 2006
Arriba