CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO

Museos e coleccións
6796
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Iria Flavia (Santa María)

Lugar: A Matanza s/n

15917  Padrón - A Coruña

Coordenadas:
42º 44' 18.2" N - 8º 39' 06.6" W

Descrición

No ano 1947 créase o Padroado Rosalía de Castro co fin de recuperar a Casa da Matanza. Esta foi restaurada no ano 1971 e na actualidade é propietaria da mesma a Fundación Rosalía de Castro, que continúa o labor que comezara o Padroado. Entre os obxectivos primordiais da fundación están o coñecemento da figura e obra da escritora ao mesmo tempo que difundir a do seu marido, o historiador Manuel Murguía, ademais de encargarse da conservación da Casa-Museo e do Panteón da escritora situado na Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Máis información

Web: https://museos.xunta.gal/museos/casa-museo-rosalia-castro
Titularidade: Privada
Arriba