Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA MUSEO DA FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA&body=Recoméndoche que leas a información CASA MUSEO DA FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/367/casa-museo-da-fundacion-camilo-jose-cela?ctre=78%26langId=gl_ES%26tp=13
Parroquia: Iria Flavia (Santa María)
Lugar: Iria Flavia
Rúa: Santa María 22
15917 Padrón - A Coruña
Camilo José Cela Trulock naceu en Iria Flavia o 11 de maio de 1916. Fillo de pai galego e nai con ascendencia inglesa e italiana, pasou a súa infancia en Galicia, para logo trasladarse coa súa familia a Madrid en 1925. Tras varias incursións na poesía, a súa carreira literaria comeza a ser unha realidade coa publicación no ano 1942 da súa primeira novela La familia de Pascual Duarte, novela de certa crueza.
A súa traxectoria literaria tivo como resultado final o cultivo de todos os xéneros literarios cun total de 120 obras, entre as que destacan La colmena, Mazurca para dos muertos, Viaje a la Alcarria, Del Miño al Bidasoa ou La rosa, entre outros. Deste xeito, fóronlle concedidos os máis importantes premios literarios, o Premio Nacional de Narrativa (1984) o Premio Príncipe de Asturias das Letras (1987), o Premio Nobel de Literatura (1989) e o Premio Cervantes (1995). Finou en Madrid o 17 de xaneiro de 2002.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.