IGREXA DE SANTA CRISTINA DE LAVADORES

Relixioso
1608
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lavadores (Santa Cristina)

Rúa Santa Cristina s/n

36214  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 35.9" N - 8º 41' 48.9" W

Descrición

Igrexa parroquial levantada polo Mestre Rodrigo cara ao ano 1201 da nosa era segundo se desprende dunha inscrición achada na propia edificación. Experimentou unha reconstrución no último terzo do século XIX aínda que se respectou en gran parte o orixinal edificio románico así como parte dos alzados laterais. O acceso ao interior faise a través dunha tripla arcada de medio punto. Este pórtico de entrada ten a particularidade de ter pegado un cruceiro inserido no muro, con basea de dobre chanzo, fuste circular, capitel e a imaxe de Cristo crucificado. A fachada, de cadeirado regular, áchase coroada pola figura de Santa Cristina enmarcada nunha fornela. A torre-espadaña sitúase no lateral esquerdo da Igrexa. Dentro da nave consérvase a figura dun León, parte do soporte dun sepulcro medieval e, nun terreo próximo, un antigo sepulcro de tipo antropomorfo que tamén puido pertencer ao templo.

Acceso

Dende Vigo pola Avda. de Madrid, seguimos o carril de servizo ata chegar ao semáforo anterior á estación de autobuses. Dende aquí, xiramos á dereita seguindo a Avda. Emilio Martínez Garrido. Torcemos á dereita na 3ª desviación que atopamos (desvío a Lavadores). Descendemos a man esqda. pola rúa Pateira, ata chegar á igrexa parroquial.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba