ARBORE DA VEIRA

Restaurantes - 3ª Categoría - 2 Garfos
1674
No Camiño de Santiago

Localización

Monte DE SAN PEDRO s/n

15011  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 39.0" N - 8º 26' 00.3" W

Descrición


    Socios dende 2006, Luis Veira e Iria Espinosa presumen de ter as mellores vistas de todos os restaurantes da Coruña e a súa localización no Monte de San Pedro, dende onde se divisa toda a cidade e a inmensidade do océano Atlántico, avala esta afirmación. A súa decisión de trasladarse dende o centro da cidade a este enclave panorámico só lles trouxo alegrías e unha afluencia constante de clientes ao longo do ano.

    A sala, á fronte da cal está Santi Diéguez, péchase cunha longa ventá tras a que se dispoñen as mesas de madeira espidas e de deseño minimalista sobre as que resaltan as pezas artesanais da vaixela, moitas procedentes de olerías da localidade de Buño.

    O mar omnipresente serve de inspiración e despensa a estes cociñeiros que converteron o peixe e o marisco galegos na base da súa cociña. Berberechos, minchas ou caramuxos, langostinos, bonito e luras son algúns dos produtos que enumera Veira encomiando as súas calidades, independentemente do seu prezo, sen esquecerse da saborosa sardiña, tan demandada na celebración do multitudinario San Xoán coruñés, festa onde as praias abarrótanse de fogueiras nunha noite máxica. 

    Aínda que de momento non poden contar con horto propio, poder recorrer aos produtores da Reserva de Biosfera das Mariñas Coruñesas permítelles apostar polo produto de proximidade, incluídos algúns viños da indicación xeográfica protexida de Betanzos.

    Ambos os dous chefs consideran que o secreto da evolución e consolidación do seu proxecto é a súa capacidade de traballo, de estar presentes a diario na coordinación dos labores dun equipo formado actualmente por unhas trinta persoas.

Cumpridos os dez anos de traxectoria, este restaurante afronta novos retos, como a recente incorporación de Álvaro Gantes, que se ocupa do departamento de I+D. Dende este faise un seguimento das últimas tendencias culinarias internacionais para incorporar novidades ao repertorio de receitas, á vez que se traballa na división de formación a profesionais e público xeral, así como no asesoramento a outros restaurantes.

    Ademais dos menús Semente, Raíces e Árbore, os comensais teñen á súa disposición unha carta na que poder elixir entre a pescada de Celeiro, o solombo con arroz, o steak tartar de vaca galega ou cocochas de bacallau. O prato que nunca falta en calquera proposta do restaurante, convertido xa nun clásico da casa, é La cereza que cayó del árbol, un trampantoxo onde o corazón da froita en xelatina cóbrese por unha mousse de foie que descansa sobre area de alfábega. 

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Estrelas Michelin

Estrelas Michelin: 1 Estrela Michelin

Soles Repsol

2 Soles Repsol

Accesibilidade

Grao de Accesibilidade: Practicable

Documentos de accesibilidade (2018):
Arriba