CASAS DO CAMPO

Apartamentos - Apartamentos 2 Chaves
1424

Localización

Parroquia: O Val de Xestoso (San Pedro)

Lugar: O Regueiro 1

15315  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 30.8" N - 7º 58' 47.3" W

Descrición

Casas do Campo son aloxamentos independentes construídos en pedra e madeira, dotados das mellores prestacións e unha esmerada decoración que á súa vez crea un espazo acolledor en harmonía coa contorna. 
Poderás elixir entre Alpendre, Casa 1 e 2, e Casa 3. 
Alpendre é unha casiña de pedra e madeira, un espazo íntimo con capacidade para 2 persoas e opción de engadir máis prazas. Conta cunha habitación con cama de matrimonio, un baño completo con bañeira, cociña totalmente equipada e unha pequena sala de estar con sofá-cama para 2 prazas. 
Casiña 1 e 2 son dous aloxamentos con soportal de madeira con terraza, separado mediante bonitas hortensias, o espazo que corresponde a cada casa. Ofrecen a opción de alugueiro íntegro de ambas as casas ou ben, de forma independente. 
Cada aloxamento conta cunha habitación con cama de matrimonio, unha habitación con dúas camas individuais, un baño con bañeira, un salón-comedor con sofá-cama para dúas persoas e cociña americana equipada con electrodomésticos, enxoval e utensilios de fogar. 
Casa 3 ofrece un coqueto soportal de madeira con terraza. 
No seu interior gozarás dunha habitación con cama de matrimonio, unha habitación con dúas camas individuais, un salón-comedor con sofá-cama, cociña americana totalmente equipada e un baño adaptado xa que este aloxamento é apto para persoas con mobilidade reducida.
Todas as casas están rodeadas de amplas zonas verdes, contan con bonitas vistas da contorna e poderás facer uso da zona de piscina. Para os máis pequenos existe unha zona de esparexemento, ideal para xogar e divertirse. As mascotas respectuosas tamén son benvidas.

Tipos de servizos

Admite cans
Aparcadoiro
Auga quente
Calefacción
Ferro de pasar
Frigorífico
Internet
Lavandaría
Piscina
Recepción
Salón
Televisión
Terraza particular
Xardín
Arriba