ERMIDA DE SAN ISIDRO

Relixioso
752

Localización

Parroquia: Bama (San Vicenzo)

Lugar: Vilar

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 32.0" N - 8º 22' 32.9" W

Descrición

Templo de planta rectangular e con tellado en dúas augas, rematado nun pequeno campanario de pedra. O frontal presenta porta no centro, á que se chega a través dunhas pequenas escaleiras. Tamén conta con dúas pequenas fiestras colocadas a ambos lados da porta de forma simétrica.

Acceso

Pódese chegar a dito recurso, dende Touro a través da AC-240, pasando polas parroquias de Loxo e Bama. Unha vez na parroquia de Bama, débese coller a estrada que vai ata a aldea de Vilar, pasando por outras moitas aldeas. Alí débese coller unha pista a man dereita que conduce directamente ó recurso.
Arriba