IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE LAMAIGREXA

Relixioso
792
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lamaigrexa (San Pedro)

Lugar: Lamaigrexa

27339  A Pobra do Brollón - Lugo

Coordenadas:
42º 33' 36.0" N - 7º 22' 15.9" W

Descrición

Construída en época medieval, pero sofre importantes reformas, a máis significativa no s. XVIII. Ten unha nave de planta rectangular, muros de cachotaría e tellado de lousa. Sancristía pegada ao presbiterio. Torre de tres corpos. Ten retablos neoclásicos con esculturas no interior.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada en dirección a Lamaigrexa. A tres km a xira á esquerda e a medio km está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba