IGREXA DE SAN PEDRO DE CANAVAL

Relixioso
1527

Localización

Parroquia: Canaval (San Pedro)

Lugar: Canaval

27440  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 57.0" N - 7º 35' 08.9" W

Descrición

En 1115 Munio Romariz dona ó mosteiro de San Pedro de Valverde (en Monforte) a igrexa de San Pedro de Canabales , que recibiu da Raiña dona Urraca (1107-1126) en premio a os seus servizos. No século XIII a igrexa é unha bailía da Orde do Temple ata a extinción desta en 1312.
A igrexa deVilaescura era anexa desta bailía de Canaval.
A finais do século XIV, Pedro de Lemos dona esta igrexa ao seu vasalo Ares Rodríguez dos Castillós e con posterioridade é a casa de Lemos a que ten potestade sobre ela.
O estado actual da igrexa correspóndese coa restauración que se realizou no século XVIII, momento no que se engadiu a espadana de gran altura e a dous vans. É un edificio de planta rectangular,con cuberta de tella e a dúas augas, a capela maior estaría cuberta de tella tamén pero a catro augas. Ten ábsida da mesma forma e sancristía arrimada ó prebisterio. Da súa primitiva traza románica só conserva algunhas formas do século XIII na súa portada principal e no interior. 
Consta dun arco de medio punto con tres arquivoltas de sección rectangular e puntas de cravo no maior. Os muros son de cantaría, con granito fileiras horizontais na fachada, rematada en pináculos. Os soportes son columnas pareadas con dúas xambas. As columnas teñen capiteis cúbicos e as súas bases e fustes son lisos, ao igual que o tímpano.
 No interior o arco triunfal que comunica a nave co presbiterio é de medio punto, de grande amplitude e conserva unha gran pía bautismal de granito de época medieval, con diversas figuras en relevo, entre as que destaca un cabaleiro da Orde de Malta.
Arriba
Axúdanos a mellorar!