IGREXA DE SAN SALVADOR DE NEIRAS

Relixioso
1205

Localización

Parroquia: Neiras (San Salvador)

Lugar: Suairexa

27468  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 18.9" N - 7º 33' 05.0" W

Descrición

Igrexa reconstruída totalmente na segunda metade do século XIX. Consta dunha nave rectangular con cuberta a dúas augas, capela maior con arco triunfal de medio punto e sancristía no alzado norte do presbiterio. Ten teitume de madeira con casetóns de escaso refundido na capela maior. O retablo principal, que cobre case todo o testeiro, é de estilo neoclásico, o mesmo que o da dereita e o fronte. 
Muros de cantaría de granito. Na fachada, porta con arco de medio punto, unha fiestra grande rectangular que rompe a liña de división entre as distintas partes, todo coroado cunha espadana de dous vans. Pináculos que rematan a fachada nos laterais.
Arriba