IGREXA DE SANTA MARÍA DE PROENDOS

Relixioso
1476

Localización

Parroquia: Proendos (Santa María)

Lugar: Proendos

27460  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 27' 06.0" N - 7º 34' 59.9" W

Descrición

Igrexa de primitiva traza románica do século XII. O templo actual, levantado sobre o primitivo, é de planta rectangular con ábsida da mesma forma, aínda que algo máis estreito e cuberta de tella a dúas augas .  Das formas románicas só quedan restos na ábsida.
No seu interior destacan os arcos que arrancan de columnas de fustes curtos, cilíndricos e monolíticos. É un caso peculiar en Galicia similar ao do templo de Santa María de Albán en Sarria.
Na capela maior consérvanse interesantes pinturas murais, datadas no século XVI, nas que se representa a Adoración dos Reis, a Adoración dos Pastores, a Fuxida de Exipto, San Blas e a Visitación, complementadas cunha serie de motivos xeométricos e florais.
Porta principal de medio punto con ornamentación sinxela. Sobre esta unha ventá de medio punto adornada con vidro pintado. Espadana con dous vans. Escaleiras exteriores a campanario. Muro de cantaría.
Arriba