IGREXA DE SAN VICENTE DE PINOL

Relixioso
1380

Localización

Parroquia: Pinol (San Vicente)

Lugar: O Campo

27422  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 24' 21.6" N - 7º 32' 58.6" W

Descrición

Exemplar románico rural do século XII. Ten planta de cruz latina e ábsida rectangular, pechada por unha bóveda de canón. A fachada principal presenta unha porta con arco de medio punto con dúas arquivoltas de baquetón e guarnición de axedrezado. As columnas rematan en capiteis de follas, en tanto que o tímpano é liso. No fronte ábrese un rosetón en pedra cunha estrela hexagonal calada símbolo da estrela de David. Na parte sur ábrese unha porta sinxela con arco de medio punto. Ao lado norte, hai unha pequena porta, tamén con arco de medio punto tapiada na actualidade, flanqueada por dúas seteiras con derramo cara ao interior. No tellado do brazo do cruceiro labráronse uns pequenos canos de temática variada.
Sancristía de época posterior no costado dereito da capela maior , os muros son de cantaría e a espadana de dous vans.
Arriba