SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DE CADEIRAS

Relixioso
1260

Localización

Parroquia: Pinol (San Vicente)

Lugar: Sampil

27422  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 23' 56.9" N - 7º 33' 06.9" W

Descrición

A 603 m. Sobre o nivel do mar está o santuario de Nosa Sra das Cadeiras. O edificio é un sinxelo exemplar do barroco galego do século XVIII, que aínda ten sen rematar unha das torres da fachada principal. O edificio é dunha soa nave de pedra granítica e cadeirado ben labrado.

Edificio de cruz latina con nave rectangular e capela maior. Muros de cantaría. Fachada con porta rectangular con moldura, enriba vieira flanqueada por molduras e sobre esta, fiestra grande e rectangular. Das dúas torres que debía ter, só se chegou a construír unha. Máis que polo seu interese arquitectónico destaca por ser un lugar de peregrinación debido aos milagres que a tradición atribúe á Virxe.

O santuario atópase dentro dun recinto que en todo o seu perímetro está rodeado por pórticos cubertos.

A lenda sitúa aquí unha das tres virxes irmás que despois de ser elevadas a Santas lles construíron os seus santuarios nuns lugares onde se puidesen ver unhas a outras. Estes santuarios son para algúns autores o de Trigoás e Maceda, na provincia de Ourense, e para outros autores a parte do de Trigoás e Cadeiras, sería o de Monte Faro en Chantada.

Arriba