IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE REQUEIXO

Relixioso
717

Localización

Parroquia: A Veiga (Santa María)

32368  A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 09.9" N - 6º 56' 58.9" W

Descrición

Presenta unha bonita fachada barroca, con frontón partido e pináculos rematados por bólas, típicas do barroco galego. Sobre o frontón presenta un escudo nobiliario, baixo o cal se abre unha ventá que permite a iluminación interior. A fachada remata cunha espadaña. O exterior da igrexa é de cadeirado granítico. No interior presenta unha soa nave central, que remata no retablo maior, de corte barroco. O que máis destaca do interior desta igrexa é a súa bóveda de cañon, revestida dun belo artesoado de madeira. Para visitar a igrexa hai que pedirlle a chave aos veciños.

Acceso

Saíndo do pobo de Xares cóllese (no cruzamento) a estrada a man esquerda, e segue recto ata o primeiro pobo, que é Requeixo. Unha vez alí, cóllese o segundo cruzamento a man dereita e baixa ata a parte máis baixa da vila; alí atoparemos un cruzamento, toma a man esquerda, e pasado o lavadoiro da vila, o primeiro desvío á dereita, na parte alta da vila.
Arriba