IGREXA PARROQUIAL DE SANTA EUFEMIA DE VISUÑA

Relixioso
855

Localización

Parroquia: Visuña (Santa Eufemia)

Lugar: Visuña

27328  Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 36' 42.0" N - 7º 04' 23.9" W

Descrición

Igrexa con nave de planta rectangular. A porta principal ten un lintel e presenta o lateral sur en arco. Un alpendre protexe o acceso da fronte e todo o lateral sur, pechado en parte con muros e en parte con piares de madeira. Ten espadana de dous vans con campás e reloxo.

Acceso

Entrando en Seoane dende Pedrafita do Cebreiro hai unha desviación á esquerda cun indicador que ponde "Esperante / Visuña". A 15 km deste punto esta a aldea. A igrexa atópase nun outeiro á esquerda da estrada. Para chegar cóllese unha pista de terra que esta 100 metros antes de chegar á aldea. A pista esta en fronte a un caseto de pedra.
Arriba