IGREXA PARROQUIAL DE SAN VICENTE DE VILAMOR

Relixioso
1273

Localización

Parroquia: Vilamor (San Vicente)

Lugar: Vilamor

27325  Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 33' 59.9" N - 7º 13' 51.9" W

Descrición

Ten nave de planta rectangular con cuberta de lousa a dúas augas. No lateral norte ten un cuberto e un alpendre que protexe a porta lateral de acceso cun piar de apoio angular. A torre-campanario de planta cadrada ten dúas arcadas laterais de acceso á portada do templo; na parte superior presenta catro vans que albergan as campás. Está coroada por unha cúpula. O presbiterio ten un valioso artesoado de cuarteiróns.

Acceso

Dende Folgoso do Courel tomar a saída en dirección a Vilamor-Froxán pola estrada LU-P-4701. Percorridos 6 km atópase o núcleo de Vilamor e á dereita da estrada está a igrexa.
Arriba