IGREXA DE SAN MAMED DE COUTO

Relixioso
878
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Mamede do Couto (San Mamede)

Lugar: San Mamede

27628  Samos - Lugo

Coordenadas:
42º 44' 36.9" N - 7º 19' 50.9" W

Descrición

Edificio de cachotería de lousa con cuberta a dúas augas, que só conserva da súa primitiva orixe románica a porta principal, realizada con arco de medio punto, oculto ao exterior polo tímpano alintelado a pano co muro. Ápoiase en mochetas directamente unidas ao xambaxe liso, e adornadas cun cilindro anelado. Tamén na entrada principal se atopa o cabido que dá acceso á igrexa, o frontal da cal é totalmente liso. No interior destaca un retablo barroco con columnas salomónicas e coa estatua de San Mamede no ático.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba