Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SAN MIGUEL DE RANDULFE&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SAN MIGUEL DE RANDULFE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4519/igrexa-de-san-miguel-de-randulfe?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Paradela (San Miguel)
Lugar: Randulfe
27611 Paradela - Lugo
Templo de orixe románica con reformas posteriores de época barroca. Unha nave con cuberta a dúas augas. Mantén a ábsida da fábrica primitiva rectangular, con bóveda de canón e dividida por un arco faxón con semicolumnas ornamentadas. Altar pétreo levantado sobre unha antiga pila bautismal. Na ábsida consérvanse unhas pinturas murais, posiblemente do século XVI.
Tamén atopamos un cruceiro monolítico con capitel de follas e volutas, de fuste esvelto, con figuras alegóricas do desencravo. Foi obxecto dunha edición conmemorativa de selos do Xacobeo ´99.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.