FOZCAMP

Cámping - Cámping de 2ª Categoría
3893

Descrición

FozCamp é un cámping tranquilo, cunhas espectaculares vistas ao mar e ben coidado. Esta situado o Paseo Marítimo de Foz, dispón de amplas parcelas con céspede tanto para autocaravanas, caravanas, tendas de campaña, campers ou furgonetas. Atópase situado a 7 minutos a pé de Foz, a un paso da praia de Llas (a 2 minutos a pé) e Rapadoira (7 minutos), ou a famosa Praia das Catedrais (a 20 minutos en coche), salpicada de espectaculares arcos mariños. En Foz, antigo porto baleeiro, o mar transfórmase en praia: Preto de 15 km de praias de finísima e branca area balizan esta ría. Nas súas marismas acubíllase unha das maiores colonias de aves acuáticas do noroeste, vixiadas desde as alturas por gaivotas, pardelas e alcatraces dos cantiis veciños. A Ría de Foz é un paraíso natural non só para as aves, senón tamén para os amantes dos deportes náuticos: surf, windsurf, kite, piragüismo, vela.

Tipos de servizos

Accesible autos
Accesible bus
Accesible caravanas
Accesible motos
Admisión animais de compañía
Admite tarxetas de crédito
Aluguer de material de cámping
Arboredo
Auga quente xeral
Bar-cafetaría
Bungalows
Caixa de correos
Chan de herba
Chan en terraza
Corrente eléctrica
Duchas de auga quente
Especial. recomend. para nenos
Gas
Internet
Lavandaría
Parque infantil
Pesca
Praia areosa
Restaurante
Sendeirismo
Submarinismo
Subministración auga caravanas
Supermercado
Teléfono
Vixilancia 24 h.
Wifi
Zonas verdes
Arriba