IGREXA DE SANTA BAIA DE LOSÓN

Relixioso
1225
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Losón (Santa Baia)

Lugar: O Lameiro

36598  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 44' 42.7" N - 8º 12' 31.3" W

Descrición

Segundo consta na inscrición situada nun contraforte, esta igrexa comezou a construírse no ano 1165. Foi reformada ó longo dos séculos e posúe unha fachada neoclásica. 
Conserva de estilo románico a ábsida, de gran beleza, construída no ano 1171 tal como se deduce doutra inscrición. É pentagonal con columnas arrimadas nos ángulos e nas ventás, que constan de unha arquivolta sobre columnas, con seteira central. A arquivolta das ventás laterais está formada por seis pequenos arcos mentres que a da central é lisa. As columnas que as sustentan teñen todas capiteis decorados. 
No interior, o arco triunfal tamén románico, está sostido por columnas con capiteis florais e bases con garras. A cúpula do presbiterio loce pinturas murais.
Tanto no interior coma no exterior hai sepulturas da casa do pazo de Liñares, entre elas a do pioneiro da aviación Joaquín Loriga Taboada.

Acceso

Dende Lalín coller a N-525 en dirección a Santiago de Compostela ata chegar á localidade de Prado. Nesta localidade torcer á dereita, pola estrada EP-6005 cara a Bodaño/Vila de Cruces. Seguir por esta estrada 9,2 quilómetros ata chegar a un cruce, á esquerda vaise para o Santuario de O Corpiño, situado a 350 metros e á dereita para a igrexa de Losón que está no alto a 180 metros.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba