IGREXA DE SANTO ESTEVO DE NOALLA

Relixioso
1597
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Noalla (Santo Estevo)

Lugar: A Igrexa

36990  Sanxenxo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 25' 55.0" N - 8º 51' 15.0" W

Descrición

Igrexa dunha soa nave dividida en tres tramos. Os dous máis occidentais están cubertos por bóveda de crucería, e o terceiro, xunto coa capela, con bóveda de canón. A edificación conserva restos románicos, exhibindo na fachada principal dúas arquivoltas apuntadas. No tímpano figura un calvario do s. XVIII recentemente engadido. No lado esquerdo atópase pegada unha torre-campanario.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba