MUSEO NAVAL DE FERROL

Museos e coleccións
4185
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida Irmandiños. Cantón de Molíns s/n

15490  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 53.2" N - 8º 13' 56.4" W

Descrición

Situado no histórico edificio do Arsenal de Ferrol coñecido como "Presidio de San Campio", construído na segunda metade do século XVIII, o inmoble que acolle a este Museo é xa de seu unha xoia arquitectónica de estilo barroco-neoclásico, digna de admiración. O acceso ao recinto efectúase desde o Cantón de Molíns ferrolán, e sitúase dentro do complexo "Centro Herrerías" da Armada.

O Museo conta entre os seus fondos con máis de 2.650 rexistros catalogados entre pezas, conxuntos e coleccións de valor histórico, artístico e técnico relacionados coa actividade da Armada, a súa estreita relación con Ferrol e a historia naval e marítima de España.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Máis información

Web: https://museos.xunta.gal/gl/museos/museo-naval-ferrol
Titularidade: Pública (Estatal)

Tipos de servizos

Acceso a persoas con mobilidade reducida
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba