IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE TEBRA

Relixioso
1713

Localización

Parroquia: Tebra (Santa María)

Lugar: A Igrexa

36746  Tomiño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 02' 30.9" N - 8º 44' 09.9" W

Descrición

Igrexa parroquial de estilo románico e do século XII que pertenceu á Encomenda da orde de Malta. Consta de nave e ábsida pentagonal, precedido este por un tramo recto. Da primitiva fábrica románica consérvase a ábsida e grande parte dos aleiros. Estes áchanse decorados con interesantes canecillos que reproducen temas e motivos moi variados: animal cuadrúpede, personaxe sentado estragado, personaxe que bebe dun tonel, nacela con follas, cabeza de cáprido cunha folla, contorsionista, folla espiral, de planos superpostos. No interior do templo sobresaen os capiteis do arco triunfal así como os dun segundo arco faixón, todos eles historiados. Estes dous arcos soportan unha bóveda de canón no tramo recto e outra de forno no tramo semicircular.

Acceso

Saíndo de Tomiño pola estrada que vai a Gondomar, dirección Gondomar, desvío á esquerda á igrexa tras pasar a aldea de Samuelle.
Arriba