Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SAN BARTOLOMEU DE REBORDÁNS&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SAN BARTOLOMEU DE REBORDÁNS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4597/igrexa-de-san-bartolomeu-de-rebordans?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
A igrexa está vinculada á mansio romana de Tude, e como espazo de poder será xa sé episcopal sueva co bispo católico Neúfila, mentres ca no outeiro catedralicio radicaba o arriano Gardingo. Esta condición fixo que no século XI os bispos tudenses volvesen ter sé neste mosteiro mentres non se restauraba a de Santa María, xa na fin do século XI.
A igrexa conta con elementos conservados do século XI, como as capelas absidiais con capiteis prerromanos, e con elementos de reforma románica da segunda metade do XI, froito da presenza da sé episcopal, obras que quedarían sen finalizar polo comezo das obras catedralicias no outeiro de Santa María. O bispo Xelmírez traería ata aquí as reliquias roubadas en Braga en 1102, e será escenario nos primeiros anos de dous concilios galegos. A actividade monástica esmorece nos comezos do século XV, ficando as súas rendas e edificios integrados en 1435 na mesa episcopal. No interior destacan as pinturas murais da capela maior, realizadas no obradoiro dos Serveira arredor do ano 1600.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.