Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: MOSTEIRO DA CONCEPCIÓN SANTA CLARA (AS ENCERRADAS)&body=Recoméndoche que leas a información MOSTEIRO DA CONCEPCIÓN SANTA CLARA (AS ENCERRADAS) extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4599/mosteiro-da-concepcion-santa-clara-as-encerradas-?ctre=34%26langId=gl_ES%26tp=8
Convento fundado en 1517 sobre outro medieval, de aí a expresión de encerradas que perdura. As obras do edificio conventual van de 1605 a 1617 para a coxía sur e 1748 para a norte. O estilo conxuga o manierismo e o barroco portugués, que se mesturan nun xogo visual coas magníficas reixas das xanelas. A igrexa do convento foi proxectada por Domingo de Andrade en 1688; conta cunha única nave co coro situado sobre ela.
O retablo maior é un magnífico exemplar realizado arredor do ano 1700 por un autor descoñecido. O convento forma un espazo urbano emblemático na cidade histórica; conserva a antiga porta de Santa María da Oliveira, resto do que fora unha das torres dos bispos de Tui desde o século XII ata o século XVI, cando foi doada para a construción do mosteiro.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.