IGREXA DE SANTA MARÍA DE PORTAS

Relixioso
1310
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Portas (Santa María)

Lugar: Piñeiro

36658  Portas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 34' 44.9" N - 8º 40' 07.9" W

Descrición

Igrexa románica do século XII con numerosos engadidos posteriores. Da súa primeira etapa poden contemplarse uns fermosos vans flanqueados por columnas con capiteis historiados, así como unha serie de canecillos no aleiro e dúas figuras de San Pedro e San Pablo flanqueando a entrada ao adro. Un retablo barroco do XVIII adorna o centro do presbiterio. Dende este último pode contemplarse unha fermosa vista do val.

Acceso

Partindo de Caldas de Reis estrada de Portas despois de 3 Km atopamos coa capital do municipio, dende aquí seguiremos na mesma dirección 200 metros máis para posteriormente desviarnos á dereita (sinalizado) e percorrer 350 metros para chegar ao recurso.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba