IGREXA DE SAN MIGUEL DO CAMPO

Relixioso
1437

Localización

Parroquia: O Campo (San Miguel)

Lugar: A Lagoa

Rúa da Igrexa 3

36110  Campo Lameiro - Pontevedra

Coordenadas:
42º 32' 14.0" N - 8º 32' 33.9" W

Descrición

Igrexa de orixe románica do s. XII, reformada no seculo XVII, con criterios renacentistas. Da época románica conserva a ábsida semicircular cun fermoso van e unha traballada cornixa.

Da igrexa de San Miguel do Campo conservase do primitivo templo un belo ábside semicircular que data da segunda metade do século XII. A portada, é de estilo renacentista, pois  foi a transformación da nave e cabeceira son do ano 1639, segundo figura nunha inscrición situada na fachada.

Está decorado no seu exterior por curiosos canlóns y no seu interior por capiteis tallados con motivos vexetais e figuras humanas.

No interior posúe un arco triunfal decorado por curiosos capiteis.

Acceso

Desviación á dereita na entrada do núcleo urbano de Campo Lameiro na estrada que vai de Pontevedra á Campo Lameiro (PO-223).

Estilos

Románico
Renacentista
Arriba