IGREXA DE SANTIAGO DE VIASCÓN

Relixioso
1740

Localización

Parroquia: Viascón (Santiago)

Lugar: Quintán

36121  Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 07.4" N - 8º 32' 36.4" W

Descrición

Planta de cruz latina con dous pequenos volumes que se lle engaden por riba do brazo curto. Posúe torre-campanario na fachada principal con balaustrada de pedra rematando en cúpula e unha pequena lanterna no cruceiro das naves.

No interior, capela con bóvedas de nervios que descansan sobre ménsulas en case toda a igrexa. Arco triunfal apuntado sobre pilastras. Nave de dous tramos con bóvedas de nervios dunha clave.

Acceso

Na N-541 partindo de Tenorio dirección Ourense, transcorridos 3 Km tomaremos un dificil desvío á esquerda que nos leva á igrexa tras percorrer 200 metros.
Arriba