IGREXA DE SAN MARTIÑO DE BORELA

Relixioso
1509

Localización

Parroquia: Borela (San Martiño)

Lugar: A Costa

36958  Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 36.5" N - 8º 31' 08.7" W

Descrición

Construción barroca sobre unha antiga igrexa románica. Igrexa de cruz latina. Destaca na fachada a imaxe de San Martiño no interior dunha fornela. No adro da igrexa existe un longo banco corrido, no centro do cal se sitúa un curioso relevo no que se representa O Descendemento. Tamén existen tres imaxes exentas que moi probablemente procedan doutro lugar.

Acceso

Partindo de Pontevedra dirección Ourense por a N-541 antes de Tenorio tomar o desvío á dereita dirección Carballedo e transcorrer polo 7 Km onde tomaremos un novo desvío á dereita (sinalizado "Borela 1 Km) ata chegar á Praza de Borela onde tomaremos unha costa empinada á esquerda pola que deberemos subir 300 metros para atoparnos coa igrexa á esquerda.
Arriba