IGREXA DE SANTA MARÍA DE TOURÓN

Relixioso
987

Localización

Parroquia: Tourón (Santa María)

Lugar: Tourón

36828  Ponte Caldelas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 24' 06.9" N - 8º 31' 44.9" W

Descrición

Igrexa dunha nave e unha ábsida rectangular románicos. A fachada e cubrición foron reformados no século XVIII. No adro da igrexa áchase un interesante cruceiro do 1670, de boa factura, destacar a caveira con tibias cruzadas existente na súa base.

Acceso

Dende Ponte Caldelas tomaremos a C-532 en dirección Pontevedra transcorridos 3 Km desviarémonos á esquerda en pleno centro de Tourón.
Arriba