MUSEO DE ARTE SACRA DAS CLARISAS DE MONFORTE

Museos e coleccións
3097
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Santa Clara 26

27400  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 23.1" N - 7º 30' 56.8" W
606 548 044.

Descrición

Este museo de arte sacra, un dos máis importantes de Galicia, ocupa algunhas estancias do convento de Santa Clara de Monforte de Lemos, fundado no ano 1622 por Catarina de la Cerda y Sandoval, esposa de Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, quen ao quedar viúva tomou os hábitos en dito mosteiro. Este mecenado cobra especial importancia, xa que a colección acolle parte do importante legado artístico que ámbolos dous doaron; magníficas pezas de pintura, escultura, marfís, téxtiles e obxectos suntuarios –especialmente relicarios- recollidos polos Condes de Lemos durante o seu vicerreinado en Nápoles entre os anos 1610 e 1616.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Máis información

Web: https://museos.xunta.gal/museos/museo-arte-sacra-das-clarisas-monforte
Titularidade: Eclesiástica
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba