Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DE SAN ROQUE&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DE SAN ROQUE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4869/capela-de-san-roque?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
A igrexa orixinal pertenceu ao convento franciscano de Sancti Spiritus, cuxa fundación se remonta a 1325. Da primitiva igrexa románica só se conserva a súa portada principal, hoxe situada na capela de San Roque, erixida en 1949. Este templo de nova factura incorporou elementos de igrexas medievais demolidas, como a de San Pedro.
A portada ten catro arquivoltas de medio punto, fondamente decoradas con variados motivos ornamentais, como arquiños, rosetas e boceis en zigzag. Tanto os capiteis coma o cimacio corrido e a chambrana adórnanse con figuras fitomórficas; nesta última a ornamentación pétrea destaca por unha carnosidade plenamente lograda.
A carón desta portada atópase o que é considerado coma un dos cruceiros máis antigos de Galicia, realizado no século XIV; non é unha peza puramente gótica, xa que na súa factura aprécianse trazos do románico. Sábese que cambiou varias veces de situación ata o lugar actual. Da súa importancia deriva que Castelao afirmase na súa obra As cruces de pedra na Galiza que se trata do cruceiro galego máis antigo; ademais, pode dicirse que é o máis emblemático do Camiño Francés. Aséntase sobre un pedestal moderno, con fuste octogonal e rematado en cruz. Esta última, dunha soa peza, presenta por un lado a Cristo en maxestade; é un Cristo resucitado, triunfante sobre a morte, que cingue a súa cabeza con coroa real e amosa as chagas da Paixón. Esta imaxe deriva da do Salvador do tímpano do Pórtico da Gloria. Na outra cara represéntase unha deesis, Cristo crucificado e flanqueado aos pés pola Virxe María e o apóstolo san Xoán. Hai estudosos que apuntan que a cruz puido formar parte orixinalmente dun altar pétreo, posiblemente pertencente á desaparecida igrexa medieval de San Pedro.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.