IGREXA PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE TINES

Relixioso
1237

Localización

15127  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 06' 42.0" N - 8º 58' 13.9" W

Descrición

Pequena igrexa rural. Conserva a ábsida románica. Moi interesante é a ornamentación dos capiteis historiados do arco de ingreso ao prebisterio. No da esquerda represéntase a expulsión de Adam e Eva do Paraíso. Un verdugo aplica tormento a Sta. Baia no outro capitel. No adro realizáronse escavacións que sacaron á luz unha mansión romana e unha necrópole con pezas que van do S.I ao VIII, abranguendo as épocas romana e sueva. Entre os achados destaca unha estela funeraria do século IV, actualmente exposta no Museo Arqueolóxico da Coruña, considerada como o primeiro testemuño epigráfico cristián de Galicia.

Acceso

Dende Vimianzo tomaremos estrada a Tines.
Arriba